Andrés Penabad
Gig Seeker Pro

Andrés Penabad

As Pontes, Galicia, Spain | Established. Jan 01, 2014 | SELF

As Pontes, Galicia, Spain | SELF
Established on Jan, 2014
Band Folk

Calendar

This band has not uploaded any videos
This band has not uploaded any videos

Music

Press


"O acordeonista pontés Andrés Penabad estrea o seu primeiro disco este sábado"

Non hai moitos meses, escoitei facer soar o acordeón dunha maneira brilante. Foi nunha desas repichocas que se celebran nun bar arredor da xente, xurdidas da improvisación dos músicos e aloumiñadas coa calor do público.
Entre eles estaba un rapaz loiro de ollos claros. Que maneira de tocar aquela caixa de vento con teclado! Era Andrés Penabad, pero o seu nome sóubeno máis tarde cando me enterei de que estaba preparando o seu primeiro disco en solitario.
Crossing é o título dun álbum de música folk, feito a man por artistas como Bieito Romero, Fernando Barroso -quen tamén produce-, Davide Salvado, Pedro Fariñas, Edelmiro Fernández ou Kepa Junquera. Gravado entre os meses de novembro e decembro, foi mesturado en xaneiro e este vindeiro sábado 15 de marzo, Andrés Penabad será recibido polo público que devece por escoitalo en directo. Presentará o seu traballo a partir das oito da tarde no auditorio do cine Alovi, na súa vila de As Pontes. As entradas para asistir á estrea custan 3 euros e estarán dispoñibles o propio sábado, de 12:00 a 13:30 e de 18:00 a 20:00 horas.
Pero antes, Andrés Penabad fixo un oco para falar con Ferrol360 no medio dos preparativos dunha estrea moi agardada.
FERROL360 – Onde se xestou en realidade Crossing? Foi quizais nalgunhas desas repichocas tan habituais na Cova Céltica da Coruña?
ANDRÉS PENABAD – Bueno, en realidade xa era un proxecto que tiña eu en mente despois de tocar con outros grupos e atopei o momento para dar o salto pola miña conta.
360 - A que fai referencia o título?
AP – Crossing é tamén o nome dun dos temas e pareceume axeitado para facer referencia á miña andaina en solitario.
360 - A que soa Crossing? Porque nel podemos atopar por exemplo algo tan curioso como unha xota con sintonía de teclado midi.
AP – O mérito deste disco foi darlle unha coherencia e variedade. Nel conto con colaboradores que aínda que fan folk teñen estilos distintos. Por exemplo, Davide Salvado ten outro rexistro e digamos que o importante do disco é atoparlle un sentido, o cal penso que conseguimos acadar.
360 - Polo de agora coñecemos un primeiro single (Jota da praza da pedra), un segundo tema (Crossing) do que saiu o primeiro videoclip… E para non estrearse aínda, o disco xa está tendo unha importante repercusión.
AP – A verdade é que tivo moi boa aceptación, tanto a xota como Crossing nos primeiros días xa pasaban das 3.000 reproducións. Para un proxecto novo está bastante ben.
Andrés Penabad e os membros da súa banda (PixelinPhoto)
Andrés Penabad e os membros da súa banda (foto: PixelinPhoto)
'Crossing', o primeiro disco en solitario de Andrés Penabad, será presentado este sábado no Cine Alovi de As Pontes (PixelinPhoto)
‘Crossing’, o primeiro disco en solitario de Andrés Penabad, será presentado este sábado no cine Alovi de As Pontes (foto: PixelinPhoto)
360 - Cales son os teus guías musicais?
AP – Bieito é como o meu padriño porque foi o que me aconsellou, o que me apoiou e me indicou o camiño que debía seguir e do cal me sinto tremendamente orgulloso. Logo tamén lle estou agradecido a tódolos colaboradores, tanto a Kepa como a Ramón Dopico, Fernando Barroso e aos demais membros da banda.
360 - Como consegue alguén que estrea primeiro disco en solitario rodearse de grandes mestres coma Kepa Junquera, Davide Salvado ou Bieito Romero? Como foi a experiencia?
AP – En tódolos anos que levo enriba do escenario fun coñecendo a grandes músicos que ademais agora son xa grandes amigos e dende o momento en que decidín empezar este proxecto sempre se volcaron comigo, e a verdade é que así da gusto traballar.
360 - Que houbo antes de Andrés Penabad en solitario?
AP – Botei dez anos no grupo pontés Muxarega, cos que gravei e producin o seu primeiro disco, e esa foi a miña primeira toma de contacto dentro do folk. Despois tamén colaborei con Kepa Junquera no Festival de Pardiñas e co tempo fun atopando máis xente non só en Galicia, senón tamén no estranxeiro que a día de hoxe son grandes amigos meus.
360 - Formas parte dalgunha outra agrupación musical?
AP – Non, a día de hoxe estou centrado neste proxecto. Salvo algunha colaboración puntual, como por exemplo en xaneiro, estiven gravando o último disco de Ultraqäns.
360 - Tamén impartes clases de acordeón nunha escola que leva o teu nome. Que che din os teus alumnos? Pregaranche que non deixes de darlles clase malia estrear disco…
AP – Eu creo que están encantados e eu con eles. Teño uns alumnos que son moi comprensivos e, á hora de cambiar os horarios, todo este tempo que estiven gravando sempre me puxeron todo moi doado.
360 - Como poderás compaxinar dende agora os concertos, os ensaios, as clases…?
AP – É complicado compaxinar todo pero querendo, pódese facer.
360 - Vai haber sorpresas nas Pontes? Algún invitado especial?
AP – O ideal sería que estiveran todos os colaboradores pero por problemas de axenda faltarán algúns, pero si estarán a maioría.
360 - Onde che gustaría tocar nesta xira de presentacion de Crossing? Hai algún lugar ou festival no que soñaches con poder actuar algunha vez?
AP – A verdade é que sempre tiven sorte e nos festivais que planeei tocar sempre o fixen. Penso que o importante agora é seguir con esta xira de promoción e intentar pisar pouquiño a pouquiño facendo o camiño. - Ferrol360


"«Estoy en el aire con la acogida»"

En poco más de un mes, el joven acordeonista Andrés Penabad (As Pontes, 1985), presentará su primer trabajo en solitario, Crossing. Producido por Fernando Barroso, cuenta con la colaboración, entre otros, de Kepa Junquera. «Tocamos juntos en el Festival de Pardiñas hace años y en ese momento, me aseguró que estaría ahí ayudándome en lo que pudiera y así ha sido», explica.
-¿Cómo está funcionando su primer tema, «Jota da Praza da Pedra»?
-La verdad es que ha tenido muy buena aceptación, en pocos días ya pasaba las 2.000 reproducciones. Estoy un poco en el aire con esa acogida.
-El día 14 de marzo será la presentación oficial.
-Así es, en la taberna Baiuca en Arteixo, propiedad de migran amigo, compañero y líder de Luar na Lubre, Bieito Romero. Además, por la noche daré un pequeño concierto en la Cova Céltica de A Coruña. Y ya el día siguiente toca torear en mi casa, en As Pontes, así que esperemos poder salir por la puerta grande y no corriendo.
-¿Como llegó el acordeón a su vida?
-A los nueve años fui a por la guitarra y llegué hasta sexto de conservatorio, pero pasó algo curioso porque la primera que tocó el acordeón fui mi madre. Un día me dijo que se iba a apuntar a clases y yo le contesté que eso era para viejos porque el concepto que tenía era erróneo. Al final me enganchó y en mi primera clase ya decidí dejar atrás los años que llevaba con la guitarra para dedicarme por entero al acordeón. - La Voz de Galicia


Discography

'Crossing'
1.- Vals da fraga (Andrs Penabad)
2.- Camio da Cova (Andrs Penabad)
3.- Samba (Fernando Barroso)
4.- Crossing (Fernando Barroso)
5.- lgora (Andrs Penabad)
6.- Xainda (Edelmiro Fernndez)
7.- Jota da Praza da Pedra (Fernando Barroso)
8.- Kaio Kai (Andrs Penabad/Fernando Barroso)
9.-  Arn Galiza (Kepa Junquera/Fernando Barroso)
10.- Manada de Nenas (Traditional/Davide Salvado/Fernando Barroso)
11.- Polas Ras de Ferrol (Fernando Barroso)

Photos

Bio

Andrs Penabad  is an accordeonist with a long professional career, which  begins  at the age of 14. He has been awarded in severals  national and international festivals.

On marth he  released his first solo folk album CROSSING which has been produced by Fernando Barroso.  To do so, he worked with Kepa Junjera, Bieito Romero, Edelmiro Fernndez and  Davide Salvado.

The band's line-up is : Fernando Barroso (Bouzouki), Pedro Farias (bagpipes and Saxophone), Ramn Dopico (Percussion), Diego Barral (Guitar), Iago Pena (Bass guitar), Diego Barro (Drums), Valentn Garca (Trombone) y Arancha Bouza (Voice).

Band Members