BOLBORETA
Gig Seeker Pro

BOLBORETA

Culleredo, Galicia, Spain | Established. Jan 01, 2014

Culleredo, Galicia, Spain
Established on Jan, 2014
Band World Fusion

Calendar

Music

Press


"Interview: Lydia Botana"

O 'pasmón peatón' de Celso Emilio, que collera corpo na voz do García, cambiou de ritmo. Quen escoite a nova formación de Labregos do tempo dos Sputniks (agora Labreg*s) notará a man de Lydia Botana. Profesora, compositora, cantante, instrumentista, é unha apaixonada da música á que nada lle pon medo

Como entraches en contacto coas Labreghas?

Eu coñecía o Leo do Reperkusión de Allariz, hai catro anos, e pareceume que tiña unha proposta moi intelixente, admirábao e fomos falando. A García coñecíao de Dios ke te Crew, mais non persoalmente. Propuxéronme colaborar con eles, despois da “ruptura” coa miña última banda, cando cadrou que lles marchou o Vero, o batería. E xa lles dixen “eu non son batería!” Eu ser son pianista, toco o acordeón, guitarra e teño feito percusión, mais batería... E dixéronme “Toca o que queiras!” E entendémonos de pingas. Empecei a conseguir módulos de batería, a través de La Pegatina (un grupo catalán), Isha, unha amiga percusionista, e practicar cunha batería “de nen@” que ten o Leo na casa.

E como está a ser a experiencia? Sputniks sodes abondo @s tres...

Si, non paramos, estamos cadaquén a mil! Mais cadramos moi ben. O García séntese moi cómodo: eu esmérome moito en apoiar a palabra, en que o que transmite rapeando colla máis forza. Tiña medo do Leo, de non ser quen de seguilo, porque vai bastante ao seu aire, mais finalmente entendémonos moi ben.

Que lles achegaches? Polo de pronto, o 'pasmón peatón' de Celso Emilio ten outra cadencia, xa non vai tan acelerado como antes.

Encantoume ver que cambiaron na súa páxina a formación e as influencias: incluían Mano Negra! Eu tiven a sorte de estar con Manu Chao aí atrás, ensinoume moitísimo. E púxenme coa batería grazas a Garbancito. Achegueille novos estilos ao grupo: metinlles ska e reggae no repertorio, raggamuffin... Dicía o Leo “non entendo por que non metemos esta música antes, se é súper revolucionaria”. Fixemos sete temas nada máis entrar, metinme de cheo. Eles tamén me deixan facer ao meu aire, entendémonos moi ben e coidámonos moito.

Como está o panorama da música? Segue a ser masculino?

O que hai son poucas mulleres instrumentistas... Eu son de Culleredo e pensaba que era cousa de alí, mais está xeneralizado. Estiven en Inglaterra hai pouco e a pregunta que che adoitan facer cando chegas aos sitios é “e ti que es, a cantante?”. Foi moi bo contactar con Sés, que é unha muller incríbel, e abriume un pouco os ollos. Tamén con Antonella, dos Russkaja, ou Flor, da Troba Kung Fu. Son moi consciente das dificultades, mais eu paso de todo. Son unha namorada da música.

Ti tiveches moita iniciativa, montaches unha chea de bandas aquí e en Italia...

A primeira banda monteina para tocar con tías! Aos 17 anos, porque estaba chea de tocar con homes... Cheguei mesmo a aprender a tocar o baixo, porque non era capaz de atopar baixista ningunha na miña zona. Mais a verdade, non notei diferenzas, tocando con homes ou mulleres sempre me trataron como unha máis.

E botando a vista atrás, que salientas da túa traxectoria?

Tento aprender de todo, do malo e do bo. As bandas son como relacións, vives con elas, pásalo ben, pásalo mal... Nalgunhas traguei bastante até que rebentei. Mais a verdade é que desde que me desvinculei totalmente da última banda, hai cinco meses, convidáronme á Universidade de Paul MacCartney, cantei en The Cavern en Liverpool, coñecín e toquei con Manu Chao, agora chegan as Labreg*s... Coa música nunca se sabe, as cousas van saíndo. Eu sobre todo tento ser fiel a min propia e non me importa o que dirán. E teño que agradecerlle á miña familia o seu apoio, xunto co(a)s amig@s de Fonte e as boas persoas e músic@s que verdadeiramente o son pola súa humildade e corazóns.

É que es ben completa!. Tocaches na rúa, en bandas sinfónicas...

Eu veño do Conservatorio, mais en 2009, cando estiven tocando na rúa en Italia, despois dos 40 euros mellor investidos da miña vida nunha guitarra, sentín que aquilo era marabilloso, auténtico. Volvino facer na Coruña despois.

Váleche a túa experiencia docente (en campamentos, colexios, clases particulares) para 'lidar' cos compañeiros de banda?

(Ri) Si, “lidar” é a palabra. Xusto. Hai que lidar con eles. Eu son igual que @s nen@s, o de ter que falarlles distinto non o entendo. Estou metida de cheo no mundo do ensino e Leo tamén é profe. Niso entendémonos ben: para nós, a educación é parte fundamental do futuro, é a arma que temos. É outra paixón que teño, o ensino. - Lara Rozados. Sermos Galiza


"Análise 2012: Falamos con Lydia Botana"

Lydia Botana forma parte dos Labreg*s dos Tempos dos Sputniks, a Banda Fura Fura e ultimamente ten colaborado con outras moitas bandas nas súas actuacións ao vivo. Lydia falou con GZmúsica de como lle foi no 2012 e dos seus proxectos para este ano.




GZm – Neste 2012 estás a tocar a batería cos Labreg*s do Tempo dos Sputniks. Como é subir ao escenario co Leo e máis o García?

Lydia – É unha aventura emocionante!! Levaba uns anos facendo o mesmo directo...E cando me propuxeron tocar con eles, que os considero GRANDES persoas, amigos aos cales admiro pola súa traxectoria, as ideasm a súa actitude, a mensaxe que transmiten.... Pois foi un verdadeiro cambio radical co que viña facendo ate o momento e que necesitaba tamén! Ademáis dun cambio de instrumento, viña de tocar teclado/percusións a tocar batería/acordeón. Síntome orgullosa de subir con eles ao escenario!

GZm – Despois de pasares polos Skarallaos, este ano compaxinas os Labreg*s co traballo na túa estrea en solitario. Finalmente vai haber disco?

Lydia –Bueno, iso de “estrea”...non fun consciente de que deixar Skarallaos fose a miña estrea en solitario. Pero sí a xente o tomou como tal cando me convidaron á Universidade de Paul McCartney e tiven que grabar un par de temiñas cos seus videos..Como ía a contrareloxio (modo Sputnick!), grabei eu todo en parte por falta de tempo e por outra banda, foi cando comecei a pensar que “mellor soa que mal acompañada”. Pero por sorte, teño bos músicos coma colegas, boa xente que agora é o máis importante para min ante todo, e comezaron a chamarme para colaborar con eles, a ofrecerse a grabar comigo... De aí que decidira sacar un disco soa, por plasmar a música que me sae coas persoas coas que estou a gusto e admiro. Vai ser un disco grabado de a pouco, por partes, relaxadamente, non teño presa ningunha!

GZm – Polo que escoitamos en “Ken nos Keima” apuntas ao reggae e o “Parlare” cae cara á fusión, o teu proxecto vai por aí?

Lydia –é difícil etiquetarse a unha mesma, non me decanto por un só xénero musical. Mólame o reggae, o punk, o rock, cousas pop, a bossa-nova, o jungle, gypsi...o clásico! Non teño prexuízos, simplemente escribo letras sobre o que penso e do que me rodea..a música ven soa.

GZm – No que gravaches colaboran contigo o baixista de Che Sudaka e García Mc, pero despois ti cantas e tocas todos os instrumentos, non?

Lydia –Sí, teño a sorte de poder facelo. De primeiras fíxeno porque non tiña tempo e tamén viña un pouco “keimada” xa de grabar.. Pero a idea é esa, eu gravo as bases de pianos, guitarras, acordeóns, percusións e voces, logo mándolles o tema e eles/elas tocan/cantan por riba diso.

GZm – Tocas cos Labregos, preparas disco en solitario, colaboraches este ano cun feixe de bandas: a Fura Fura, Zënzar, Konflikto, O Leo i Arremecaghona, Dakidarría, Dios ke te crew, os Tres Trebóns,...E polo que sabemos, traballas como profesora. Como fas para compaxinar todo?

Lydia –Cando se difruta facendo as cousas, saen soas! Estou contentísima de pertencer a Banda Fura Fura, e é toda unha honra para min que me chamen para colaborar con toas estas bandas que este ano 2012 o fixeron. Sair o escenario con bandas honradas, con boa xente, que cren e actúan segunda a mensaxe que envían cos que comparto principios....é TOTAL! Compaxínoo ben xa que, dende hai anos, dou clase nas escolas de música e colexios, entre semán, para poder tocar nas findes.

GZm – Tanto bolo ten que dar para moito. Cóntanos por favor o mellor momento, -se queres, tamén o peor-, nun escenario neste 2012.

Lydia -Este ano 2012 foi , sen lugar a dúbidas, o meu mellor ano musical ate o momento Costaríame moitísimo escoller só un!!! Cantar en The Cavern en Liverpool foi un soño que xamais pensei realizar na miña vida... Tocar con Manu Chao e Joan Garriga nun barciño catalán para 30-40 persoas, foi máxico tamén.. Sentila forza do movemento bravú co Dipomático de Montea Alto Xurxo Souto tocando con La Pegatina no Son Rias Baixas... Ir tocando cos Gogol Bordello dende Barcelona a Madrid.. Pero o momento que non olvidarei deste ano, foi sobre un escenario pero eu non tocaba: Flea (baixista de Red Hot Chili Peppers) achegouse a Mike Einziguer (o guitarrista da miña banda favorita dende fai 12 anos, Incubus), e preguntoulle se quería tocar a primeira nota do tema “Under the brigde”, alí , ao meu carón, vin nos seus ollos a maxia que une aos músicos, un sentimento que non se ensina en ningunha escola: humildade.

GZm – E xa para rematar, estámoslle a facer a mesma pregunta a todas as persoas coas que falamos para este Anuario. Dinos cales foron para ti os 5 discos do ano na música do país.

Lydia - Zenzar, Dakidarria, Terbutalina, O Sonoro Maxín, Garcia MC,... - GZMúsica


"Revista e novos temas na maioría de idade do Xabarín"

Pero agora imos ao noso! Nesta cita tamén se presentou o 1º dos novos temas que van saír no programa. Por se non sabedes, fai que non se grava nada novo para o Xabarín dende o 99! Así que andade ao loro... que antes do que esperades xa veredes o novo vídeo. Con subtítulos por embaixo coma sempre. Así era que sempre sabiamos todas as cancións!!! Máis dunha decada pasou, que se di pronto! Pero xa podemos coñecer un novo tema para o xabarín. Desta volta foi da man de Xenderal. A este cercedense xa volo presentamos nalgunha ocasión, aínda que igual como Gendebeat, se queredes escoitar ragga da Galiza xa sabedes. Foi acompañado pola polifacética Lydia Botana coa melodica e os coros. M. Ferreira comentounos sobre artista que demostrou a súa calidade con creces e superou as súas espectativas, "coido que será outro dos temas que a xente lembrará por anos." Xa o xulgaredes vós cando poidades escoitar a canción gravada e instrumentalizada pola banda Bolboreta. - GZMúsica


"De que falan os grupos do noso pobo?"

Lydia Botana, Bolboreta, vai voando dun recuncho a outro aínda que recoñece que "como Galicia non hai nada". Para elixir os seus temas ou compoñelos, baséase nas súas ideoloxías, nos seus sentimentos do día a día: "falo da sociedade que me rodea a min dende as falsidades, xente que fala por detrás ata o optimismo e a visión de que outras opcións son posíbeis. As inxustizas, como o tema da minaría ao que lle dedico un tema, son outro dos temas principais entre as miñas cancións". Ademais das "cancións para adultos", como ela di, nunha mestra non poden faltar as cancións para os máis cativos: "contarlles a visión optimista do mundo maravilloso e ensinarlles entre outras cousas a coidar a terra, é moi gratificante". "Fago unha autobiografía da miña personalidade coa música e coa vida, movéndome de aquí para alá pero sempre voltando... como Galicia non hai nada". - Virginia Uzal. Praza Pública


Discography

Still working on that hot first release.

Photos

Bio

Bolboreta means Butterfly in Galician, the language of Lydia Botanas land: Galicia. This project represents all her world and her point of view of this life with music, sounds and lyrics made by Lydia and all the things around her. A mix between reggae, rumba, pop, rock...called Mestizaje like Manu Chao, Amparanoia, Mano Negra did it! Keyboard, accordion, guitar, bass, drums & percussions.

Energy with rhythm and poetry and powerfull on the stage come together in a metamorphosis!!

Lydia began her music studies at the Professional Music Conservatory of A Corua, where she earned her first degree in piano. In 2006 Lydia advanced her musical studies at the Superior Music Conservatory of A Corua, focusing on Music Pedagogy and Musical Education. As a part of this, in 2009 she took advantage of an Erasmus scholarship where among other courses, she studied Chorus Conducting with Pier Paolo Scattolini. There, she was able to direct Silvia Rossi's Coro Voici Bianche, from Italy's Fondazione Teatro Comunale di Bologna.

Currently, Lydia is completing a specialization in Afro-Cuban percussion with Tony Gonzlez and in addition, she is studying modern musical ensembles with Miguel Cabana at the Municipal Music College of A Corua. Also she studies the sixth course of her professional degree in percussion at A Corua's Professional Conservatory of Music.

As a part of her thesis degree, Lydia completed an investigation of musical genres' distribution across A Corua's conservatories. Her research has just been accepted for the Congreso de Educacin e Investigacin Musical conference in Madrid, in March of 2012.

Courses Lydia has completed as a part of her degree: 
Musical Pedagogy with Jos Wuytack, 
Body Music-Body Percussion with Javier Romero Naranjo, 
MA Traditional Klezmer Music with Steven, 
Introduction to Jacques-Dalcroze's Rythms with Anna Allegre Valls, 
Oral Traditions and Creations in the Music Hall with Polo Vallejo, 
Orchestra Percussion with Jos Belmonte and Miguel Castro, 
Rhyming Workshop with Nach Scratch, 
"We are Rhythm" Workshop with Ramiroquai Tersse from Mayuman, as well as Ska-P Def con Dos, Hechos contra el Decoro

Lydia has also formed quite a few bands both in her birthplace of A Corua as well as Italy, as a pianist, piano-bar performer, singer, guitarist, bassist, percussionist, accordionist, arranger and composer. She has participated in a wide variety of groups, from choruses to pop, rock, and ska/reggae/punk bands,symphonies, percussion ensembles, and currently she's exploring her options as a solo artist.

Among her different groups, Lydia has participated in festivals, contests, and musical circuits like: 
Rock Marino featuring Deixav (2004, A Corua, Winner) 
Coro Verdianeum de Parma Tour, featured in the B.S.O. film "L'uomo che verr" (Italy, 2009) 
Buskers Festival (2010, Barcelona) 
IX Foundation Reggae Festival (A Corua, 2010) Everton Blender, Aswad, Fidel Nadal...
X Foundation Reggae Festival (A Corua, 2011) Andrew Tosh... 
Festival Reperkusin (2011-2013, Ourense) Manu Chao, Fermn Muguruza, Diplomticos de Monte Alto, O Jarbanzo Negro, Russkaja... 
Brincadeira Festival (A Corua, 2011) Europe, Rosendo... 
Nordestazo (A Corua, 2011) Che Sudaka 
Castaazo Rock 2011 (A Corua, 2011) Reincidentes, The Locos 
Son Rias Baixas (Bueu, 2012) La Pegatina, Heredeiros da Crus, Def con Dos... 
Brincadeira Festival (A Corua, 2012) Calle 13, Status Quo, OFunkillo...

She played with bands like Gogol Bordello, Manu Chao, La Troba Kung Fu, Baokas 46, Desorden Pblico (Venezuela), La Pegatina, Zenzar, Konflikto, Canteca de Macao, Dakidarria, Dios ke te crew.... 


By the moment plays drums and accordion in Labreg*s do tempo dos Sputniks and she has her own project like Bolboreta recording her firts album produced by Gambeat (Mano Negra, Manu Chao).

Band Members